Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo e os proxectos que desenvolvemos

sábado, 6 de enero de 2018

DIGITAL MATHS NOTEBOOK


 


      DIGITAL MATHS NOTEBOOK 
            ( Caderno dixital de matemáticas)


     Participamos este ano nun novo proxecto eTwinning . Compartimos inicialmente este proxecto con escolas de Finlandia , Bulgaria  e  Francia ( Ecole JB Bossard , xa coñecida por nós  e  de   recoñecida e brillante  colaboración no proxecto do ano pasado)
   Céntrase  este curso o proxecto  en  Matemáticas  e vistas estas dun xeito moi específico : elaboramos  e  compartimos información sobre  diferentes aspectos do lugar onde vivimos  ( paisaxes , obxectos , situacións ) a través de fotografías  e debuxos  dixitalizados  que  van  comentados e analizados desde un punto de vista matemático . Con todo ese material farase un caderno  dixital de matemáticas.  Pero iso é o principio ,  o proxecto ten máis actividades.

   De momento queda aquí algo reflectido  das moitas cousas xa feitas  . Esperemos que sexa de interés para todos. 


martes, 26 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE NADAL . ALGO DE TEATRO

    
     No Festival de Nadal    participamos coa obra "A mensaxe do Rei" que representamos para os nosos compañeiros de Primaria.
    Disfrutamos razonablemente   vendo as xeitosas  actuacións artístico-musicais preparadas polos outros grupos . 
    Pola nosa banda  actuou toda a clase na devandita obriña  e axudamos todos na preparación dos decorados ( houbo moito cartón, poliestireno ,paus de refugallo  e outras trapalladas). A selección de vestiario correu por  parte dos actores e actrices , así como os traballos de caracterización/maquillaxe dos mesmos.
    O  atrezzo  foi  ideado  e subministrado un pouco a salto de mata e baixo os criterios de: esto ten pinta/ esto non ten pinta.  
   Nos ensaios primou o carácter educativo comunitario do evento sobre calquer outro criterio.
  Esperamos que para os/as que a visen resultase entretido e de interese.

 Para nós, a aula de 6, a súa preparación e ensaios foi moi formativo , educativo dabondo e certamente divertido.
   Parabéns a toda a clase  polo traballo realizado! 
          Aquí estamos...


  Román e Inés:  presentadores do festival

 Fotos de diversos momentos da obra intercalados co traballo de obradoiro dos decorados.









miércoles, 15 de noviembre de 2017

O PRESTIGE , A CONTAMINACIÓN E O PAPEL BENEFICIOSO DALGUNHAS BACTERIAS

        Con motivo de cumprirse os  15  anos da catástrofe  ecolóxica do Prestige    MARINA E LUCÍA  SILVA  elaboraron esta información .
    
 O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata  as Landas ou Vendée en Francia , provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis. 
Especulouse coa posibilidade, nunca demostrada, de que a greta no casco do Prestige fose provocada polo choque dun contedor ou un tronco á deriva. Sábese que horas antes, tres barcos que navegaban pola mesma zona transportando contedores, troncos de madeira e tubos de 1 metro de diámetro, perderon parte das súas cargas.
 Diferentes expertos predixeron que a vida mariña sufriría pola contaminación procedente do Prestige durante un mínimo de dez anos debido ao tipo de vertido, fundamentalmente polo seu contido en hidrocarburos aromáticos .
Estes compostos, de acción tóxica acumulativa, poden envelenar o plancton, os ovos dos peixes e os crustáceos, producindo efectos canceríxenos nos peixes e nos animais que se nutren deles na cadea trófica ...
     A fenda no costado de estribor produciuse por un golpe externo, a causa dun contedor ou dunha onda


   Bacterias comedoras de petróleo



    Hai bacterias que se alimentan do petróleo ,por exemplo a Lysinibacillus que  é unha comedora de petróleo moi coñecida,  aliméntase desa sustancia limpando os mares. Esta bacteria comezou a ser investigada no ano 1990 e leva tres anos sendo  utilizada nas industrias como organismo para eliminar a polución de crudo.
 Esta bacteria pode acumular hidrocarburos e metais pesados . Mediante  encimas especiais este microorganismo logra reducir a molécula do petróleo. De todos modos   os peixes que xa están contaminados non poden descontaminarse e polo tanto as persoas que os comen poden padecer  enfermidades moi perxudiciais como o cancro .

lunes, 23 de octubre de 2017

De matemáticas: as lousas das rúas


    
          Por Simón   Rodríguez Rodríguez


      SIMÓN  adoita   agasallarnos, de cando en vez, cando nos enfrontamos a     problemas  de matemáticas,   con  solucións alternativas , creativas ,   matematicamente  correctas e  impecablemente calculadas.
     Hoxe  nos propón  algo de cálculo sobre as lousas das rúas da Cidade Vella  



 


Na rúa do Rosario hai  175 lousas no chan. Na rúa Ferrarías hai o 84% de lousas que hai na rúa do Rosario.

   Si sumamos  as lousas da  rúa   Rosario , as da rúa Ferrarías e as da rúa Real  que son o triplo de lousas que na rúa Ferrarías,  o resultado dá un número primo ou composto ?

Si  dividimos o total de lousas  das tres rúas  entre as lousas da rúa Ferrarías .

Cal é o cociente  ?     E o resto ?

viernes, 13 de octubre de 2017

Artistas musicais .


   CHEGARON  Á  FINAL  DO    II CONCURSO DE CANCIÓNS INFANTÍS E XUVENÍS "QUERO  CANTAR"  E ...

 ...   E  GAÑARON  A  FINAL !!!!!!!

     PARABÉNS A MIKEL , JUNE , NOA E JAVI !!! 




                           Este é o vídeo da canción 

lunes, 2 de octubre de 2017

Comentamos libros e películas

           HARRY POTTER Y LA CÁMARA SECRETA

     O    LIBRO   E   A   PELÍCULA : CONTRASTANDO OPINIÓNS

lunes, 3 de julio de 2017

UNHA VISITA ÁS MURALLAS DA CIDADE VELLA



                                              por

                       INÉS HERNÁNDEZ  FERNÁNDEZ


O pasado 5 de xuño, os alumnos de 5º e 6º fixemos unha visita guiada polas murallas  da  Cidade Vella. Faláronos das tres portas máis importantes da Coruña: A porta do Parrote, a porta do Cravo e a porta de San Miguel. Todas as portas tiñan dous escudos, o do rei e o do Capitán Xeral de Galicia. A porta o Parrote foi a última en reformarse, foi construída en 1676, durante o goberno do rei Carlos II .A porta do Cravo é moi parecida á do Parrote, pero a parte de arriba quedou desfeita e xa non poden verse os escudos, a porta de San Miguel construíuse en 1595 polo Capitán Xeral, esta fronte ao castelo de San Antón.
   O castelo de San Antón era un illote.  Tamén foi unha prisión, entre os  seus presos  con sona   estivo   Gomez Catoira,  o fareiro da torre de Hércules, que foi a prisión por traficar coa  aceite que lle daban para manter  a luz do faro .  O castelo  foi un lazareto onde os viaxeiros dos barcos que viñan Á Coruña  e tiñan una enfermidade contaxiosa pasaban a corentena  dentro do castelo  e así evitar o contaxio da cidade   despois reformouse e construíuse unha fortaleza.
  Tamén visitamos o xardín de San Carlos, e dixéronnos que antes era un polvorin que estalou e tiveron que reconstruír gran parte da súa  muralla.





domingo, 11 de junio de 2017

De tecnoloxía: construír un termómetro de alcohol e auga.

Na aula de 5º construímos un termómetro de alcohol e auga.
Funcionou ? Por suposto que si. A columna de alcohol e auga subía ou baixaba en función de que a temperatura subira ou baixara. Calibrámolo dunha maneira moi sinxela : As oscilacións de 1 grao arriba ou abaixo , medidas nun termómetro estandarizado , coincidían en 6 liñas aproximadamente de desplazamento da columna de alcohol e auga , observadas no gráfico do noso termómetro artesán. 
 Fixemos dous vídeos: un en inglés para o proxecto " The weather that we watch " que compoartimos con escolas estranxeiras e outro en galego . 

 O vídeo en inglés TERMING11 from Carlos on Vimeo


 O vídeo en galego
.