INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

domingo, 9 de marzo de 2014

Visita á Biblioteca de Monte Alto

    O xoves día 6/03/2014, fomos á Biblioteca Municipal de Monte Alto. Alí, ademais de coñecer as diferentes dependencias da biblioteca principal, asistimos a unha serie de actividades.
  1. Aprender a catalogar libros dunha biblioteca seguindo a CDU.
    Que é a CDU? Estas tres letras son as iniciais de Clasificación Decimal Universal. É dicir un código numérico no que cada número está asociado a un tema.
    Por exemplo: O número 2 é para temas de relixión
    O número 1 concreta libros de filosofía
    Para que serve a CDU? A CDU serve para clasificar e organizar libros nunha biblioteca .
  2. Aprender para que serven e como se usan as diferentes fontes e referencias de información dos libros como son:
  • Enciclopedias
  • Sumario
  • Índice
  • Introdución
  • Prefacio
  • Prólogo
  • Cronoloxía
  • Vocabulario
  • Glosario
  • Bibliografía
  • Notas



No camiño de ida e volta tivemos moi bo tempo, nin furacáns nin chubascos. Menos mal.

                                      María e Paula  











No hay comentarios:

Publicar un comentario