INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

domingo, 9 de marzo de 2014

Visitamos o Parque de Bens

    
  O día 19 de febreiro visitamos o Parque de Bens , o Edificio de Enerxías Renovables e o punto limpo dos Rosales.
Na visita explicáronnos polo miúdo a orixe do parque , que foi o selado dun antigo vertedoiro de lixo que se derrubou hai uns anos. No parque , en concreto no Edificio de Enerxías Renovables , aprovéitase o biogas xerado nos residuos alí enterrados (metano) , para xerar electricidade polo sistema clásico e común ás diferentes centrais eléctricas:

1º Co calor producido polo gas queimado quéntase auga a gran temperatura
2º Xérase vapor de auga
3º O vapor circula por unhas tuberías e vai a unhas palas dunhas turbinas provocando un movemento xiratorio
4º Ese movemento das turbinas transmítese a un xerador
5º O movemento xiratorio do xerador produce enerxía eléctrica. Supón polo tanto un aproveitamento ecolóxico dos residuos orgánicos que se usan para xerar enerxía eléctrica


Do parque impresionounos saber que hai uns anos era un vertedoiro de lixo e agora é un parque limpo e non hai mal olor  . Tamén chamounos a atención a seguridade na sala dos motores.

Antes da visita ao Parque de Bens tivemos na nosa aula un obradoiro de clasificación e reciclaxe de diferentes residuos. Aquí aprendimos a clasificar o lixo . Chamounos moito a atención cando nos dixeron o da illa xigante de basura que estaba no Oceano Pacífico.


                                        Mariña , Andrés , Elena , Seud e  Carlos 














No hay comentarios:

Publicar un comentario