INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

miércoles, 30 de septiembre de 2015

DE CIENCIAS NATURAIS /SOCIAIS


  Estrelas e constelacións.
                   por   IVÁN ÁLVAREZ BRAÑA

       Este verán fun ao cámping O Telleiro en Sada ( A Coruña ) onde estiven cos meus amigos e polas noites íamos  a un camiño ou á praia onde víamos estrelas e constelacións . As que sempre recoñezo son a Estrela Polar, a Osa Maior e a Osa Menor .
Tamén vin unha estrela fugaz que me sorprendeu moito porque nunca vira unha desas , foi moi bonita. 

 

Estrela Polar.
Denomínase  Estrela Polar á estrela visible a simple vista que se ubica na bóveda celeste de maneira máis próxima ao eixe de rotación da Terra no polo celeste; aínda que por convención, co térmo de Estrela Polar faise referencia á estrela máis próxima ao Polo Norte. De modo que permanece case fixa no ceo e sinala o Polo Norte xeográfico, polo que foi empregada polos navegantes como punto de referencia nas súas travesías oceánicas .

Osa Maior.
A Osa Maior ou Ursa Maior [abreviado UMa], tamén coñecida como  Carro Maior ,  é unha constelación visible durante todo o ano no hemisferio norte ( o noso) . Entre os aficionados se lle coñece co nome de “O carro”, pola forma que debuxan as súas sete estrelas principais.

Osa Menor.
A Osa Menor é unha das constelacións máis coñecidas do hemisferio norte. Consta de sete estrelas coa forma de carro; catro delas formarían o que é a parte fonda do carro e as outras tres serían o que é o mango do carro.
O elemento máis coñecido da Osa Menor é a Estrela Polar.
Dada a súa ubicacion ,  a Osa menor só se pode ver no hemisferio norte durante todo o ano.  Xunto coa súa compañeira a Osa Maior, é un dos elementos máis característicos do firmamento deste hemisferio .

Estrelas fugaces.
As estrelas fugaces son meteoros , concepto que fai referencia ao fenómeno luminoso que se produce cando un obxecto atravesa a nosa atmosfera. Estrela fugaz é un termino impropio  xa que non se trata propiamente de estrelas.
                                          Fonte de información : Wikipedia 

No hay comentarios:

Publicar un comentario