INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

martes, 17 de noviembre de 2015

De matemáticas e de C. Sociais

            Erastóstenes, científico  e matemático  da  Idade  Antigua 
           por  IVÁN   ÁLVAREZ  BRAÑA
  Eratóstenes naceu en Cyrene (Libia , daquela pertencía a Grecia ) no ano 276  A.C. Foi astrónomo, historiador, xeógrafo, filósofo, poeta, crítico teatral e matemático.
Como matemático elaborou un método para averiguar os números primos entre o 1 e o 100, a denominada CRIBA  DE  Eratóstenes. 


Como xeógrafo unha das súas principais contribucións foi seu traballo sobre a medición da Terra.

Partindo da idea de que a Terra ten forma esférica (algo do que se dubidou en séculos posteriores) e que o SOL encóntrase tan afastado dela que se poda considerar que os raios solares chegan á Terra paralelos. Realizou observacións en dous cidades de Exipto: SIENE e ALEXANDRÍA.
Como o deduciu?
1.- SIENE e ALEXANDRÍA encóntrase no mesmo meridiano.
2.- A distancia entre ambas cidades é de 5.000 estadios.(uns 790 Km.)
3.- Os raios provenientes do Sol chegan á Terra paralelos, o que equivale a poñer ao Sol a unha distancia practicamente infinita da Terra.
4.-As liñas que cortan as rectas paralelas forman ángulos opostos iguais.
5.-Os arcos de círculo relativos a ángulos iguais son semellantes.
6.-Sabendo que o ángulo de inclinación do Sol, que resultou ser 7,2º; é dicir é 360º/50º. Deduciu que os 790 KM de distancia entre SIENA e ALEXANDRÍA eran 1/50 parte da circunferencia e que polo tanto esta sería de uns 40.000 KM aproximadamente.
7.-E de aí coa fórmula: R=40.000/2Pi deduciu que o radio da Terra media 6.366,19 Km. As actuais medicións sobre o radio da Terra dan o valor de 6.366 Km.  



     Aproveitándonos da criba que o grego Erastóstenes nos deu hai uns 2260 anos ( desde aquela xa choveu moito ) Iván nos presenta algún problema máis actual.

PROBLEMA
O irmán de Xulia ten 74 cartas, Xulia ten a metade.
O número de cartas de Xulia é un número primo menor de 75 e maior de 27.
Podemos afirmar que 74 é múltiplo do número de cartas de Xulia?
O resultado de dividir 74 entre as cartas de Xulia é un número primo?
O resultado de sumar 74 máis o número de cartas de Xulia é un número primo?

2 comentarios:

Iván dijo...

Para mí es fácil por que lo hice yo y no os voy a decir nada.

JOSÉ dijo...

74 es múltiplo del número de cartas que tiene Julia porque al dividir no queda resto (74:37=2).
El resultado de dividir 74:37=2, 2 es un número primo.
El resultado de sumar 74+37=111, 111 no es primo (es divisible entre 3).

Publicar un comentario