INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

miércoles, 9 de diciembre de 2015

CAMPIONATO DE XADREZ

Gif Animados

  Durante os meses  de novembro e decembro  organizamos   na aula de 6º un intenso ,  emocionante e competido campionato de xadrez , cunha ampla  participación .  Deste torneo saíu un  gañador,  FABRIZIO,   quen recibiu unha copa de fabricación artesán,  tamén a recibiu o segundo clasificado  SERGIO.
       Usamos ,  obviamente,  o  noso magnífico material reciclado  de cartón de refugallo . 
                                    O torneo, en imaxes. 


Fabrizio  en plena competición
        
Trofeos feitos na clase/ casa

A final

                                                 

                                       Parabéns a todos os participantes !!

           Entrevista ao gañador, FABRIZIO, que lle fai ANA . 

  • Desde cando xogas ao xadrez?
  • Desde os cinco anos.
  • Onde aprendiches e quen te ensinou?
  • Nunha escola,desde os dous e ata os tres.
  • Que estratexia se che da mellor cando xogas ao xadrez?
  • Vou polo rei e trato sempre de comer as torres do adversario en primeiro lugar .
  • Algunha vez competiches nun torneo de xadrez?
  • Non.
  • Gustouche a copa que che deron por gañar?
  • Si.
     
       Por outra parte  Carlos Nicolás Martínez Elvar participou o domingo 29 de novembro nun Torneo de xadrez celebrado no Sporting Club Casino e convocado pola Asociación de Xadrecistas da Coruña . Clasificouse en terceiro lugar da categoría sub 12.

                   Impresións do torneo contadas  por  
                        Nicolás Martínez Elvar
      O torneo, elaborado ao estilo de xogo suízo, constaba de cinco rondas. A min tocoume descanso nunha delas.
    Tiven que gañar a dous xogadores de moi bo nivel (un de 14 anos e outro de 12).
    Aínda que na clasificación se separaba por categorías, as partidas xogábanse con nenos dende 11 anos ata 14.
    Por cada partida gañada sumábase 1 punto e tamén no descanso, polo que eu quedei en terceiro lugar de sete xogadores sub 12 e cuarto no conxunto sub 12 e sub 14.

1 comentario:

TheÁlvaro dijo...

Ainda que que non me gusta moito o xadrez, o campionato gustoume moito.

Publicar un comentario