INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

lunes, 4 de julio de 2016

DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA: CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

Construímos circuítos eléctricos  por    SANDRA E SABRINA 

Durante este curso comprobamos como se transforma a enerxía eléctrica en diferentes enerxías como a luz , o son e o movemento. Como o fixemos?
Construíndo circuítos eléctricos.
Así fabricamos un circuíto comprobador de materiais condutores , un circuíto con LED e pila adaptada ao interruptor , un circuíto con dous motores con hélices , un xogo sobre os ríos galegos con LED e bucina , un circuíto con luz e interruptor de fabricación caseira , un medidor de pulso , un circuíto de coches , un circuíto do tipo “faino ti mesmo “, tres circuítos de lanternas , un circuíto cun orixinal timbre ( motor que golpeaba unha lata de aluminio) e varios circuítos combinados de luz e timbre.
Todos eles seguindo o esquema de batería , cables , interruptor , algúns con luz outros con son etc...
O xogo sobre os ríos Galegos o elaboramos co seguinte esquema:
Batería , un polo vai directamente á luz e a bucina e outro polo vai interrompido e se une pechando o circuíto en cada unión correcta de nomes de ríos e lugares onde están.
O circuíto dos ríos galegos o compartimos coas aulas de 3º, 4º e 5º e así puideron practicar a situación xeográfica dos ríos galegos. Cremos que foi unha boa axuda .










     Vídeo sobre o traballo realizado.  A  creatividade , o inxenio , a búsqueda de información e  os hábitos de reciclaxe estiveron presentes na moi boa realización que fixeron os alumnos de 6º desta actividade  . 

No hay comentarios:

Publicar un comentario