INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

martes, 7 de marzo de 2017

Interpretar un mapa climático



                                                                       por

                       INÉS  HERNÁNDEZ  FERNÁNDEZ    


       Isobaras, isotermas e isohietas.

Son liñas imaxinarias, utilizadas polos científicos que dedícanse a estudar o clima, trazadas nos mapas co propósito de unir puntos de igual magnitude  (temperatura, no caso das isotermas ; presión atmosférica, cando se trata das isobaras e igual volume de precipitacións, no caso de las isohietas). Estas liñas poden referirse a indicadores anuais, estacionais, mensuais, máximos, mínimos, medias, etc. As isotermas relaciónanse coas isobaras. Xeralmente altas temperaturas correspóndense con presións baixas.


Anticiclón e borrasca
Un Anticiclón e unha zona onde a presión atmosférica é máis alta ca nas zonas circundantes. As isóbaras solen estar moi separadas, mostrando a presenza de ventos suaves que chegan a desaparecer nas proximidades do centro.
Unha depresión, borrasca ou ciclón e unha zona de baixa presión rodeada por un sistema de ventos que xiran no sentido contrario das agullas do reloxo no hemisferio Norte, e ao contrario no hemisferio Sur.
Nós fixemos na nosa clase un mapa con cartóns de refugallo e plástico transparente no que representamos algúns anticiclóns e borrascas que arrodean Europa. 



Mapa no que están reflectidas borrascas , anticiclóns e isobaras ( liñas que unen puntos que teñen a mesma presión atmosférica)


No hay comentarios:

Publicar un comentario