• TRABALLAMOS BEN . TRABALLAMOS CON XEITO . RECICLAMOS. COMPARTIMOS TRABALLOS DE METEOROLOXÍA . FINALMENTE O NOSO PROXECTO ETWINNING OBTIVO O *** SELO NACIONAL DE CALIDADE *** FAI CLIK AQUÍ
  • Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos

    miércoles, 17 de mayo de 2017

    Celebración Día das L. Galegas

                Artistas  en xeral . Parabéns a todos !


    Despois de gozar das amenas actuacións dos nosos compañeiros
    de 6º, 4º e 3º,  nós representamos para eles unha recreación do 
    conto  LOLO ANDA EN BICICLETA de Carlos Casares 
    autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas 
    e  no que, ao igual que noutras ocasións ( non en todas ),
    a academia  honra a unha persoa   na que se unen unha
    extraordinaria valía literaria e un compromiso real co país.
     
    Para nós, a preparación da obra e ensaios na nosa aula e
    corredores anexos  foi  moi  divertido , educativo dabondo e,
    se cadra, algo formativo .  
    Sentimos a ausencia dun compañeiro que tiña que actuar , Xoel, 
    pero foi ben substituído por Lucas. 
    Esperamos que aos/ás que lle cadrou véla tamén a atoparan
    entretida. 
      
      Ciclistas con bici ( Lolo/Mikel e Suso/Jesús)

                        Decoradoras elaborando os diversos  fondos
                        de escenario.    

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario