Aínda que houbo algún amago de "naufraxio " nun kayak, algunhas paradas "técnicas" na ginkana Warrior e na pendente do Rocódromo que fixeron algúns participantes e que a auga da Lanzada non estaba " excesivamente quente" , quédome cos mil e un aspectos positivos da viaxe. A salientar entre todos eles , a boa química na convivencia que tiveron os nosos alumnos con outros grupos de 2 colexios de Tui cos que compartiron actividades.
Tratarei de engadir estes días algunhas fotos e vídeos da excursión que creo que teño por aí apalancados .
Houbo máis actividades e xogos que as que vedes nas fotografías , algunhas delas moi curiosas como o xogo de " Montgomery e Rommel" , que foi pola noite con lanternas na mesma praia.
En fin , foi unha moi bonita excursión , cunha meteoroloxía axeitada.
Un saúdo.
Carlos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario