Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos

A Cidade Vella

     Actividades didácticas  sobre a  CIDADE  VELLA
CURSO 2016/17        
O noso colexio está situado en plena Cidade Vella .Desde esta aula  e desde este Blog quixemos darlle carácter propio e sustantividade ao noso traballo  mergullando aos nosos alumnos  no mundo da nosa vella Cidade Vella : rueiros empedrados , casas emblemáticas onde viviron persoeiros  coruñeses e galegos que fixeron historia  , recunchos con encanto medieval, antigas igrexas, murallas , baluartes , xardíns con pantasma incluída ... en fin , todo un mar  de elementos que configuran un espazo singular dentro da Coruña estiveron presentes nos nosos traballos.
     Veredes aquí debuxos , maquetas , exercicios en formato LIM , crebacabezas, exercicios de matemáticas , crónicas de saídas  ... elaborados  polos alumnos desta aula  durante diferentes cursos,  e  todos eles vencellados a este histórico barrio. 

      CURSO        2016/17      

      De matemáticas coas pedras da Cidade Vella. Por Lucas         

      Unha visita ás murallas da cidade. Por Inés        

      CURSO        2015/16       
         Elaboración  por parte dos alumnos de 6º de actividades baixo o entorno do programa LIM . As actividades están centradas en diversos aspectos da Cidade Vella da Coruña. Hai exercicios relacionados co rueiro, casas emblemáticas , historia , debuxos realizados por diferentes alumnos...

 


 


       CURSO 2013/14 : Unha saída pola cidade vella